Nun dos círculos intermedios do paraíso inferno, sempre estarei somerxido neste océano.
Nú e flotante, envolto en auga salgada que lambe cada centímetro da miña pel.
Agora está en calma; non como cando foi o círculo exterior. Apareceu coma o soño do primeiro día do verán abalanzándose sobre min. Vino chegar dende o horizonte, corrín e mergulleime.
AS ONDAS SACUDÍRONME DE ARRIBA ABAIXO
DE LADO A LADO
ATA PERDER A NOCIÓN DO ESPACIO E DO TEMPO
ESPERNEXEI
TRAGUEI AUGA
RIN
Daquela non souben aprecialo coma o merece. Dino un pouco por suposto. Pero si que souben entregarme inmediatamente e gozalo sen reservas, coma o neno que era e que cría estar perdendo. Sen preguntarme nada. Imaxinei que as cousas, cando veñen, poden marchar, e logo volver. Ou veñen outras.
Claro que nunca sabe un o que lle agarda por diante. E é certo que unha vez, despois de media vida, nos volvemos atopar nunha desas fendas entre realidades. Superando as miñas mellores fantasías, disipando os meus máis leves pesadelos. Sempre caben as sorpresas.
Pero hoxe por hoxe, por moito que se me encha a boca e a mente cantándolle ó momento presente, non podo evitar permitir que unha parte de min quedase alí prendida. Un espírito vivo de min mesmo bañándose no mar, dándome folgos para mirar ó meu redor cun sorriso.
Non entendo, e nunca entenderei, a poesía. Balbuceos de bonobo. Un mimo de sombreiro texano e camisa de cadros tendo un affaire fogoso cunha xiganta invisible. Referencias privadas de hipsters de primeira xeración, máis limpos ca un can de carallo roto. Febles hologramas disolvéndose antes de naceren. Reflexos perfectos da realidade.
Nunca entenderei a poesía. Gústame ata que non me gusta, e non me interesa a túa opinión. Vizoso e futil, así quero o meu mundo, as miñas palabras, os meus xestos. Así quero a miña cama e os seus relatos.
Entenderei algúns trucos de salón, algunhas fórmulas matemáticas, entenderei algún xogo point-and-click dos noventa e outras bolas de neve.
Pero nunca entenderei a poesía, como tampouco coñezo a historia detrás da flauta que soa agora mesmo entrando pola miña fiestra ás catro da mañá.
Agora, no soto,
á beira dos garaxes,
onde a xente bota os colchóns,
Ester está na cociña facendo sandwiches.
As tiras da súa persiana están ladeadas e tortas, pódeselle ve-lo alto da cabeza dende a rúa
ata que marcha fóra da vista para sacudi-las botas dos pés cansos.
Enxuga a fronte co pulso.
Acaba de voltar dunha doble quenda.
Ester é unha coidadora, traballa polas noites.
Tras ela, na parede da cociña
hai unha foto en branco e negro de andoriñas voando
Pícanlle os ollos, dóenlle os músculos.
Abre unha cervexa e dálle un grolo
Sostena nos seus beizos sedentos e a beixa ata que está rematada; son
as 4:18 da mañá
outra vez.
O seu cerebro está cheo de todo o que fixo no día,
sabe que non vai durmir un chisco
antes de que o Sol
estea de camiño.
Ester preocúpase polo mundo esta noite
Está preocupada todo o tempo
Non sabe cómo se fai para quitalo
da mente.
[comeza o ritmo]
Europa está perdida,
América perdida,
Londres perdido.
Aínda clamamos vitoria
Todo iso son regras sen sentido
e non aprendemos nada da Historia.
A xente está morta en vida.
Aparvada nos brillos da rúa.
Pero mira, o tráfico segue movéndose.
O sistema é escorregadizo de máis para estragarse.
O negocio vai ben e hai grupos tódalas noites nos bares.
Tío, hai dous por un nas bebidas das discos, e maqueámonos ben,
lavamos todo o traballo e o estrés
e agora só queremos un pouco de exceso, ou mellor:
Unha noite para lembrar que pronto esqueceremos.
Todo o sangue sangrado para que estas cidades medrasen.
Tódolos corpos que caeron.
As raíces arrincadas da terra para que se podan xogar estes xogos,
véxoo esta noite nas manchas das miñas mans.
Os edificios están berrando.
Pero non podo pedir axuda, ninguén me coñece,
hostís, preocupados, solitarios,
movémonos nas nosas manadas e estes son os dereitos cos que nacemos.
Traballar e traballar para poder ser o que queremos
E entón quitarnos o tedio a bailes.
Pero ata as drogas se volveron aburridas.
En fin, o sexo aínda está ben cando o apañas.
Durmir, soñar, manter o soño a man,
para cada un un soño, non chores, non berres, só
déixao dentro, segue erguéndote tarde,
pero ¿que é o que vou facer para espertar?
[parón pequeno]
Sinto como o custo oprime o meu corpo.
Igual que empuxo as mans nos petos, e suavemente
camiño e o vexo, isto é todo o que merecemos.
Os males do pasado rexurdiron a pesar de todo o que fixemos
para borra-las pegadas.
A miña propia linguaxe está contaminada con todo o que roubamos para trocalo por isto;
estou calada, sentindo o comezo da revolta.
As revoltas son pequenas, tío, os sistemas enormes.
O tráfico segue en movemento, demostrando que non hai nada que facer, porque...
[para a música]
... é un gran negocio, cariño, e o seu sorriso é horrible.
Violencia de arriba a abaixo, ensañamento estrutural.
Os teus cativos están drogados con recetas e sedantes.
Pero non te preocupes por iso, colega, preocúpate polos terroristas.
Ou sexa, ¡o nivel da auga sube, o nivel da auga sube,
os animais, os elefantes, os osos polares están a morrer!
Deixa de chorar, empeza a mercar, pero ¿qué pasa co derrame de petróleo?
¡Shh! A ninguén lle gustan os augafestas.
Masacres, masacres, masacres, zapatos novos.
Meniños no gueto asesinados a plena luz
polos que están contratados para protexelos.
Porno en directo nos cuartos dos teus preadolescentes.
Teito de cristal, sen altura.
Media xeración vivindo baixo a liña da pobreza.
¡Ei, pero é happy hour na rúa principal,
por fin venres, amigos, invito eu!
Todo foi ben ata que o rapaz aquel levou un botellazo no último bar;
o sitio toleou, podes preguntarlle ó Lou;
foi unha loucura, a rúa vermella, bordeos puro.
¿Ai, e os inmigrantes? Non os aturo.
Ou sexa, maiormente, ocúpome do meu.
Só veñen para aquí para facerse ricos, é unha enfermidade.
¡Inglaterra! ¡Inglaterra! ¡Patriotismo!
¿¿E pregúntaste por que hai novos que queren morrer pola relixión??
Vai así: traballas toda a vida por unha miseria.
Se cadra chegas a xefe, rezas por un aumento,
tachas os días grises do teu calendario de chavalas na praia,
os anarquistas están desesperados por algo que escachar.
Fotos escandalosas de rapeiros de moda en revistas glamurosas, ¿quen sae con quen?
Diñeiro político nun sobre.
Collido esnifando raias nas tetas postizas dunha prostituta
e volta para a cámara dos lords cun tirón de orellas.
¡Secuestran nenos! ¡Violan cabezas de porcos mortos!
¿Pero aquel da sudadeira cun par de porros?
¡Para a trena, el é o criminal!
É a xeración aburrida de todo.
O produto do product-placement e da manipulación,
tiros a esgalla, brutal, deber de asistencia.
¡Veña! Zapatos novos, cabelo bonito. ¡Merdas!
Baladas de sacarina e selfis, e selfis, e selfis.
¡Aquí estou eu fóra do palacio de min!
Constrúe un eu e psicose e mentres
a xente estaba morta nos seus rabaños.
E ninguén se decatou, ¡que va! Alguén se decatou.
Fixeime polo "emoji" que posteou.
Durmir coma se unha man con luva cubrise os nosos ollos.
[música]
As luces son pracenteiras e brillantes e soñemos,
pero algúns de nós estamos atascados coma pedras nunha estela.
¿Que é o que vou facer para espertar?
[para a música]
Estamos perdidos, estamos perdidos, estamos perdidos (...)
¿Estamos perdidos? Estamos perdidos, estamos perdidos (...)
E aínda así...
[volta a música]
...nada para, nada pausa.
Temos ambicións e amizades e parellas nas que pensar,
divorcios que beber fóra do pensamento.
O diñeiro, o diñeiro, o petróleo.
O planeta está sacudíndose e estragado.
E a vida é un xoguete, unha prenda que enlamar.
O esforzo, o esforzo.
Non vexo unha fin en absoluto,
só a fin, cóntame, ¿como é que isto é algo que apreciar?
Cando a xente das tribos está morta nos seus desertos
para facer sitio a estruturas alleas.
Urbaniza, urbaniza; mata o que atopes se che ameaza,
sen trazos de amor na caza do billete máis grande,
aquí na terra onde a ninguén lle importa unha merda.
Cando ollas para os escombros
que forman a túa propa carne.
Distopía ciberpunk
dos destrozos capitalistas
do amor depredador.
Cando sorrís ó ver as ruínas
dunha casa modernista calquera.
E só ti sabes por que
e nunca llo vas poder explicar
a ninguén, a ninguén.
Bota fóra toda a sangue
que quedou de outros anos.
Mira como forma bonitos mandalas
mentres a túa consciencia se esvae
e hai alivio no teu derradeiro suspiro.
Sinte cómo os teus polgares
perden o ton e o coitelo cae
ata desaparecer soterrado baixo as baldosas;
deixa que o futuro corra,
deixa que o pasado morra.
Non és nada. Non és nada.
Nada máis que unha alucinación.
Se non te gustas podes ser outra.
Agora mesmo cae o sol abrindo a porta.
E a pregunta nunca soou máis clara
ca túa propia voz
na túa propia mente:
¿Perna dereita primeiro ou perna esquerda?
Respira, cierra los ojos y mira
Aquel niño, aquella niña inmortal
Si te bajas del mundo puedes cruzar el portal
Pero no puedes tener lo que es tuyo
Tus ojos y oídos te sueñan
El que no cambia, no existe
Estás hecho de lo que viste, de lo que hiciste
Y no puedes tener lo que es tuyo
Un día ya no tendré cuerpo
Seré una historia, y más tarde, nada
Cuanto menos la explicas, más clara es la jugada
No puedes tener lo que es tuyo
La sonrisa de mi cráneo será sincera
Nadie me dice lo que debo anhelar
Mi última atención será el placer en mi paladar
A pesar de nunca haber podido tener lo que es mío