luns, 19 de marzo de 2018

Bodies

Cando ollas para os escombros
que forman a túa propa carne.
Distopía ciberpunk
dos destrozos capitalistas
do amor depredador.

Cando sorrís ó ver as ruínas
dunha casa modernista calquera.
E só ti sabes por que
e nunca llo vas poder explicar
a ninguén, a ninguén.

Bota fóra toda a sangue
que quedou de outros anos.
Mira como forma bonitos mandalas
mentres a túa consciencia se esvae
e hai alivio no teu derradeiro suspiro.

Sinte cómo os teus polgares
perden o ton e o coitelo cae
ata desaparecer soterrado baixo as baldosas;
deixa que o futuro corra,
deixa que o pasado morra.

Non és nada. Non és nada.
Nada máis que unha alucinación.
Se non te gustas podes ser outra.
Agora mesmo cae o sol abrindo a porta.
E a pregunta nunca soou máis clara
ca túa propia voz
na túa propia mente:
¿Perna dereita primeiro ou perna esquerda?


Ningún comentario:

Publicar un comentario