Sen ningunha orde concreta, quero:
- Divertirme coma un neno
- Recupera-lo poder
- Ó meu planeta
- Ter sexo por todo o alto
- Columpiarme na espiral da miña divinidade mentres aínda son humano
- Non cheirar a armadillo
- Visita-lo país de Oobladee
- Deixar de sentirme tan desesperado e esfameado, débil e impotente
- Saltar ó río a nadar con anxos de ollos negros
- Que creas en min como eu creo en ti
- Resolución
- Claridade e paixón no corazón dunha Europa perdida
- Media vida de absolución
- Aprender a cantar ben. Digo, ben DE VERDADE
- Que soñemos no que eu son para ti e no que ti es para min, como fan os amantes novos
- Irme, irme, irme a algún sitio lonxe dos EEUU
- Que volva o campión mundial de kung-fu
- Mandarte un sorriso
- Que "confusión" sexa o meu epitafio e sentar a rir sen medo de chorar mañá
- Mirar como cambia o tempo
(hidden track)
Ningún comentario:
Publicar un comentario